Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Caxoto na Fábrica o domingo 22 de febreiro

Imagen Caxoto na Fábrica o domingo 22 de febreiro

"Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos" de Caxoto fará as ledicias de todas as familias asistentes ao espectáculo que terá lugar no Centro Cultural A Fábrica o domingo 22 de febreiro ás 12:00 horas.

Trátase dun espectáculo no que se fai un percorrido pola obra e vida de Rosalía de Castro, a través dos seus escritos e da súa testemuña… pero tamén a partir dos afluentes, lagoas e mananciais que xurdiron dela, facendo especial fincapé nas mulleres poetas que a partir da súa herdanza deron lugar a unha poesía galega recoñecida aquí e fóra das nosas fronteiras.

A actividade está dirixida a familias con crianzas maiores de 4 anos.
As inscricións poderán realizarse a través do formulario web habilitado ao efecto a partir do 16 de febreiro ás 10:00 horas. Terán preferencia as familias inscritas no programa Apego do Concello de Oleiros.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística municipal.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN