Espectáculo no que se fai un percorrido pola obra e vida de Rosalía de Castro, a través dos seus escritos e da súa testemuña… pero tamén a partir dos afluentes, lagoas, mananciais… que xurdiron dela, facendo especial fincapé nas mulleres poetas que a partir da súa herdanza deron lugar a unha poesía galega recoñecida aquí e fóra das nosas fronteiras.
Familias con crianzas maiores de 4 anos
22 de febreiro
12.00 h
A Fábrica
A partir do 16 de febreiro ás 10.00 horas
Gratuíto
Terán preferencia as familias inscritas en Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.