Bosque é un espectáculo musical no que a natureza ofrece un concerto, unha fábula na que os animais e as plantas dun recuncho da terra expresan a sabedoría ancestral a través do seu día a día. Música e teatro para reivindicar a necesidade de coidar os pequenos lugares naturais que cada quen ten ao seu carón.
A actividade está dirixida a familias con crianzas maiores de 3 anos.
As inscricións poderán realizarse a través do formulario web habilitado ao efecto a partir do 23 de febreiro ás 10:00 horas. Terán preferencia as familias inscritas no programa Apego do Concello de Oleiros.
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística municipal.