A actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2009 e 2016.
As solicitudes deberán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello de Oleiros.
O programa de actividade terá lugar no Campo de Golf de Xaz dende o 1 outubro de 2026 ata o 31 de maio de 2027, coincidindo sempre as súas sesión co calendario escolar. O custe da actividade será de 17€/mes para dúas sesións e de 8€/mes para unha sesión semanal.
A estrutura do curso organízase en 8 quendas de 45 minutos/sesión de duración cada unha. Pódese escoller entre un ou dous días.
O Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio. Para iso, e grazas a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, creouse a Escola Municipal de Golf.
Máis información, horarios e acceso á solicitude:
Escola municipal de golf 2026-2027- Nueva inscripción