Atrás Charla para a prevención de atropelos en Mera mañá

 Oleiros, 29 de novembro de 2022-. Mañá mércores, día 30 de novembro, ás 16:30 horas no Local Social da Lagoa, en Mera, terá lugar unha charla sobre a prevención de atropelos impartido polo coordinador provincial de Educación Viaria da Dirección Xeral de Tráfico. Todas as persoas asistentes recibirán como agasallo un práctico chaleco reflectante.

 
A actividade encádrase no programa dedicado a persoas de máis de 60 anos, promovida pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros. Previr a seguridade viaria entre os usuarios e usuarias máis vulnerables é unha das liñas prioritarias da DGT para tratar de reducir os índices de sinistralidade de estradas, travesías e ámbitos urbanos.
back link