Unha vez finalizados os prazos ordinarios e extraordinario e tras a reunión da Comisión de valoración, publícase a listaxe co estado, das solicitudes da prestación de apoio para o comedor escolar do próximo curso 2025/2026.
O pasado 24 de xullo rematou o prazo de subsanación, das solicitudes de apoio ao comedor escolar para durante o curso 2025/2026.
As persoas beneficiarias, comezarán a percibilas desde o primeiro día do curso escolar. Estas prestacións, cubrirán o 100 %, o 60 % ou o 40% do custo do comedor, en función da renda familiar de cada neno ou nena.
Ante calquera dúbida ao respecto é posible dirixirse a calquera das dúas oficinas do departamento de Servizos Sociais e Igualdade, ao teléfono de atención veciñal 981610000, ou no correo electrónico s.sociais@oleiros.org