Inserción social

Atrás LISTAXE PROVISIONAL DAS SOLICITUDES DA PRESTACIÓN DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2026/2027

Unha vez rematado o prazo e efectuada a avaliación, por parte da Comisión de Valoración, publícase a Listaxe Provisional, co estado das Solicitudes da Prestación de Apoio ao Comedor Escolar, para o curso 2026/2027.  

A partir de hoxe día 17 de xullo de 2026, ábrese un prazo, dez (10) días hábiles, para a enmenda das solicitudes incompletas, dito prazo empezará a contar dende o próximo luns día 20 de xullo e  rematará o venres 31/07/2026, ámbolos dous incluídos.


Calquera dúbida ao respecto dos requerimentos, poden consultala nas oficinas da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade ou chamando ao teléfono de atención veciñal 981 61 00 00

Contidos

ORDENANZA DE MEDIDAS POLA INCLUSIÓN SOCIAL (pdf, 175,8 kB)

O pasado 03/10/2024 foi publicada no BOP o texto definitivo da Ordenanza das Medidas de Pola Inclusión Social do Concello de Oleiros. Esta ordenanza entrou en vigor o o pasado venres 25/10/2024 unha vez transcorridos os 15 días hábiles, para posibles alegacións do Estado ou da CCAA.