Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás Finaliza a campaña educativa dos puntos violetas nos colexios con máis de 800 participantes

Ao longo das últimas semanas, o Concello de Oleiros desenvolveu nos centros de educación primaria municipais unha nova edición da campaña educativa dos Puntos Violeta no marco da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Esta intervención combinou espazos de información e sensibilización instalados nos recreos con obradoiros participativos en aula dirixidos ao alumnado de 3º de primaria.

Os Puntos Violeta funcionan como espazos de información, sensibilización e orientación para a prevención, detección e actuación fronte ás violencias machistas. Son atendidos por un equipo profesional especializado en igualdade, diversidade e violencias, que achega ao alumnado e profesorado contidos adaptados á etapa educativa, recursos específicos e claves para comprender e identificar situacións de risco, sempre desde unha perspectiva pedagóxica que promove o trato igualitario, o respecto e os coidados.

Entre o 13 e o 26 de novembro, o alumnado e o profesorado dos CEIP Luís Seoane, Isidro Parga Pondal, Rabadeira e Ramón María del Valle-Inclán participaron activamente tanto nos obradoiros como nos Puntos Violeta instalados nos centros. A acollida foi moi positiva, destacando o interese do alumnado e a súa participación activa.

Os obradoiros permitiron abrir espazos seguros de reflexión adaptados á idade, nos que o alumnado puido expresar dúbidas, inquietudes e ideas propias sobre como promover relacións máis respectuosas, e abordando a detección das violencias sexuais na infancia.

Co desenvolvemento desta campaña, o Concello de Oleiros reforza o seu compromiso coa promoción dunha comunidade educativa libre de violencias, insistindo na educación en igualdade e prevención e detección temperá de base como ferramentas imprescindibles para avanzar cara a un municipio máis xusto e igualitario. 
 

back link