Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Map Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Phone 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Map Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Phone 981 610 000, EXT. 3601, 3112

Asset Publisher

Back A comunidade educativa e veciñanza concentrouse diante dos coles de Oleiros polo ensino público e de calidade para todas e todos

A aposta por un ensino público de calidade é unha das pedras angulares do Concello de Oleiros. Hoxe, no Día Mundial da Infancia, a comunidade educativa concentrouse diante dos colexios públicos de Oleiros a primeira hora para reclamar una educación pública, inclusiva e de calidade para todas as crianzas.

A Xunta de Galicia, responsable da educación no noso país, non atende as demandas das ANPAS e da comunidade educativa en xeral a respecto da dotación de persoal necesario deixando centros educativos con graves eivas para a consecución dunha educación inclusiva e de calidade para todos os nenos e nenas.

As concentracións nos colexios de Santa Cruz, Canide, Oleiros, Perillo e Nós foron apoiadas polo goberno local. Os participantes vestiron roupas negras co obxectivo de simbolizar o grave desamparo que están a sufrir as escolas e que pon en perigo a calidade do ensino público debido á falta de profesores de pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (AL), mestres titores e de reforzo nas aulas ou a eliminación de proxectos de gran interese educativo, cultural e comunitario.

Os recortes máis graves rexístranse nos colexios Valle Inclán e Juana de Vega, pero poderían ter sido calquera outro. Familias, profesorado, veciñanza e Concello permanecerán unidas para participar activamente nestas concentracións a prol dunha escola pública de alta calidade.

A convocatoria das concentracións foi a iniciativa as ANPAS dos colexios Valle Inclán, Juana de Vega, Luis Seoane, Rabadeira e Parga Pondal.

back link