Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O alumnado de segundo de primaria do Parga Pondal visita a Casa do Concello

 Oleiros, 3 de febreiro de 2023-. O alumnado de segundo de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz visitou esta mañá as instalacións do Concello de Oleiros. O alcalde, Ángel García Seoane, recibiu a uns 50 nenos e nenas na Casa Charry.

 
Os escolares visitaron a Casa do concello e coñeceron a alcaldía. Máis tarde, visitaron o Servizo Municipal de Emerxencias e o Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, nos Regos.
back link