Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A cabalgata de reis comezará ás 16:30 horas na Casa do Concello e percorrerá todo o municipio

Oleiros, 30 de decembro de 2022-. O vindeiro xoves 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia. Posteriormente iniciarán o seu itinerario por todas as parroquias do municipio. 

Os horarios aproximados de paso dos Reis Magos son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:

 

¿16:30 H - Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio

¿16:45 H - Avenida Francisca Herrera

¿16:50 H - Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos

¿17:00 H - Avenida Rosalía de Castro, Casa do Pobo de Montrove

¿17:10 H - Rúa das Garridas

¿17:20 H - N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)

¿17:25 H - Urbanización O Seixo

¿17:40 H - Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido

¿17:55 H - Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós

¿18:05 H - Avenida Espoz y Mina

¿18:10 H - Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás

¿18:15 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza

¿18:30 H – O Couto, Rúa do Golfiño

¿18:40 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo

¿18:50 H – Rúa Doutor Fleming

¿19:00 H – Paseo de Mera

¿19:05 H – Avenida María Pita

¿19:10 H – Avenida República Arxentina, Breixo

¿19:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo

¿19:25 H – Rúa Viñas de Babilonia

¿19:35 H – Avenida Concepción Arenal

¿19:40 H – Avenida Che Guevara

¿19:50 H – Rúa Darwin

¿20:00 H – Avenida Santa Cristina

¿20:10 H – Rúa Miradoiro

¿20:15 H – Avenida da II República

*O autobús non circulará pola rúa Corredoira das Viñas, en Perillo

back link