Novas

Atrás Recomendacións en Radioleiros: 21 de xaneiro

Todo está nos libros

  • - Infantil (a partires de 8 anos):

    Caixa de cartón, de Txabi Arnal e ilustrado por Hassan Amekan Editado por OQO

    A visión da inmigración dende o punto de vista dos propios protagonistas.

    Unha nena dinos que cando naceu súa nai meteuna nunha caixa de cartón e esa caixa era todo para ela, o seu berce, o seu cuarto, a súa casa.

    Ao pouco tempo súa nai gastou todos os seus aforros e mercou un billete para un barco que as había levar a “unha terra onde as nenas non dormen en caixas nin as mamás choran”....

    As ilustracións semellan figuras de cartón que transmiten a fraxilidade e o desamparo, predominando os tons ocres da terra e da area e os azuis do mar ou do ceo, pero tamén vemos o fume negro...

    É unha obra fermosa que nos fala das desigualdades sociais, pero tamén da integración.

  • - Mozos-as e adultos-as:

    El sueño del celta, de Mario Vargas Llosa Editado por Alfaguara

    Esta novela está baseada nun personaxe real, o irlandés Roger Casement, cónsul británico no Congo a principios do século XX e amigo do escritor Joseph Conrad (autor da famosa obra El corazón de las tinieblas). As súas estancias no Congo e na Amazonia fixeron cambiar a súa maneira de pensar para facerse nacionalista irlandés e enfrontarse aos británicos. Foi un dos primeiros europeos en denunciar os horrores do colonialismo no Congo Belga.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR (MP3 - 7,184.41 KB) en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.