- Infantil (de 8 anos en adiante):
Rasmus y el vagabundo, de Astrid Lindgren; ilustrado por Pablo Auladell
Kalandraka, 2011
A autora sueca e medalla Hans Christian Andersen tráenos este relato no que un neno orfo atopa nun vagabundo o significado da amizade, o afecto, a experiencia e a supervivencia. Novela case histórica con ilustracións do galardoado Pablo Auladell.
- Mozos/as e adultos/as:
Expediente Artieda, de Luis Rei Núñez
Xerais, 2000
A Coruña de 1959 contada desde os “anónimos absolutos”, aqueles que participan na Historia pero non aparecen nomeados. Personaxes heroicos e cotiáns que protagonizan xunto con Franco e Pedro Barrié unha trama social e política na que os maquis lévannos pola estación do tren, Os Mallos, Santa Margarida, a Torre de Hércules e o Hospital de Oza. Un conxunto que foi Premio Xerais de novela.