Novas

Atrás O Goberno local participará na concentración de mañá en apoio ás persoas refuxiadas

Oleiros, 15 de marzo de 2016-. O Goberno municipal de Oleiros participará na concentración convocada para mañá ás 20:00 h na praza do Obelisco. O Goberno quere manifestar o seu apoio ás persoas que están a padecer as consecuencias das guerras creadas por Estados Unidos e demais gobernos occidentais que provocan tantas mortes e miseria no mundo.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, explicou que “EEUU e outros países crearon as guerras en todos eses países do Mediterráneo para quitarlles as materias primas. Cos bombardeos e os enfrontamentos armados obrigan ás persoas a escapar dos seus territorios. Na súa fuxida morren no mar e agora tamén nos muros e nas vallas que levantaron os países europeos. Onde quedan aquelas celebracións pola caída do muro de Berlín? É tremendo ver as imaxes das persoas morrendo de frío e de fame”.

O goberno municipal anima a todos os veciños e veciñas de Oleiros a participar nesta concentración para facerlles saber aos gobernantes que non haberá impunidade. “Hai que poñerse no lugar destas persoas. Temos que concienciarnos de que hai que combater esta situación”, comentou García Seoane.
 

back link