Actualidade

Actualidad

Atrás Traballos de mellora en cadros de mando e control, alumeado publico en Mera.

 Esta semán, estanse a realizar os traballos de eliminación,unificación e renovación dos cadros de mando e control do alumeado publico na zona do Paseo da Lagoa,  Rúa Curros Enriquez e Rúa Lamalonga, todos eles nas parroquias de Maianca e Serantes. Os traballos contratados a unha empresa externa por un importe de 4288,13 euros, consisten na eliminación dos cadros de mando e control, nas rúas Lamalonga e Curros Enriquez, ademais da unificación destes circuitos no cadro principal que estara situado na entrada do Paseo da Lagoa en Santa Ana. Este cadro sera novo e adaptado as novos circuitos que se incorporan a dito cadro. Dende ese cadro xeral se controlaran todos os circuitos do alumeado de esa zona, propiciando estes traballos a eliminación de contratos e facturacions, ademais da mellora nas maniobras de mando e control unificado. Se prevee que estes traballos estean finalizados a proxima semán o dia 27 de Decembro.