Moitos son os danos que os temporais do pasado inverno causaron no arborado viario e de parques e xardíns do Concello. Entre os meses de xaneiro e febreiro se contabilizaron 65 árbores abatidas polos ventos en espazos públicos, o que supuxo unha alta carga de traballo de retirada destes exemplares, pois en moitos deles foi preciso empregar camións guindastres e elevadores para poder acometer as tarefas coa obrigada seguridade para os operarios.
Desde esta Concellería e conxuntamente coas empresas adxudicatarias do servizo de mantemento de zonas verdes públicas, estase a realizar un traballo inxente de control e inspección do arborado que perdeu pólas de gran tamaño e dos exemplares que puideran quedar debilitados nas súas ancoraxes ó chan, para proceder á súa eliminación no caso de que supoñan un risco para os cidadáns.
A maior parte das árbores perdidas serán repostas na actual campaña de prantación que iniciamos o día 15 de marzal.