Aprobación inicial do Expediente 2026/PLANEAM/00009 - FG Nº 768
Mediante Resolución da Alcaldía número 2026004350 do 23 de xullo de 2026, acordouse aprobar inicialmente o ESTUDO DE DETALLE PARA O REAXUSTE DE ALIÑACIÓNS EN MONTROVE, LIMOEIROS (Documento asinado o 17 de xullo de 2026 polo arquitecto municipal).
De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo DUN MES, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 24 de xullo de 2026
Ángel García Seoane
Alcalde-Presidente