Aprobación inicial do PROXECTO DE NORMALIZACIÓN DE PREDIOS RÚA RÍO CAMPO
Aprobación inicial do PROXECTO DE NORMALIZACIÓN DE PREDIOS RÚA RÍO CAMPO /
(Expediente 2024/PLANEAM/000008 - FG Nº 734)
Mediante Resolución da Alcaldía número 2026001092 do 2 de marzo, acordouse aprobar
inicialmente o PROXECTO DE NORMALIZACIÓN DE PREDIOS na RÚA RÍO DO CAMPO, MAIANCA
(Documento de novembro de 2025, asinado polo arquitecto municipal).
O proxecto tíñase aprobado inicialmente con carácter previo, pero ao terse efectuado unha
modificación substancial deste, é necesario retrotraer as actuacións e volver a executar o trámite,
coa correspondente información pública.
De conformidade co artigo 282 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na páxina web do Concello na área de Urbanismo – Trámites de información pública, polo prazo DUN MES, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.
O acceso tamén pode facerse a través da ligazón https://sede.oleiros.org/validacion introducindo o
código seguro de verificación (CSV) A9PYM54201SSET4Y.
para acceder ó documento -pinche aquí- e descarguelo co CSV: A9PYM54201SSET4Y
Oleiros, 2 de marzo de 2026
Ángel García Seoane