ESTUDO DE DETALLE DA PARCELA G DO PLAN PARCIAL DO SECTOR SUD-5 ICARIA IV
Na sesión ordinaria do Concello Pleno que tivo lugar o día 31 de xullo de 2025, aprobouse definitivamente o estudo de detalle da parcela G do plan parcial do sector SUD-5 “Icaria IV.
Para velo acordo plenario -pinche aquí-
A redacción do documento permite adecuar a ordenación da parcela ás rasantes definitivas resultado da execución da obra de urbanización cos pequenos axustes derivados da propia execución da obra.
Permite ademais definir á rasante prevista de implantación e acoutar a posición da edificación sobre rasante.
O estudo de detalle da parcela G do Plan parcial do sector SUD-5 Icaria IV, no Concello de Oleiros, figura inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, da Sección II, do Libro I, Tomo V, folla rexistral nº10 co número de rexistro ROTPG/P/66/2025.
Pode consultalo documento completo co código CSV que se achega accedendo á Sede electrónica do Concello.
CSV : Q4WT94UL75JKG8HV.
Sede electrónica Concello de Oleiros - Verificación de documentos electrónicos