Presentación Xuventude

Presentación

A área de xuventude do Concello de Oleiros, ten como obxectivo fundamental ós rapaces e rapazas do noso concello, traballando por e para eles. 

Para isto o Centro de Información Xuvenil (CIX) leva anos como referente para a información, orientación e asesoramento de todos os temas que interesan e afectan á mocidade: emprego, formación, ocio, etc. 

Tamén traballa dende o ámbito educativo, onde desde hai anos mantén a mesma liña de traballo, se programan, ofertan e desenvolven unha serie de actividades educativas que teñen como obxecto formar a mocidade oleirense en valores que favorezan á liberdade persoal, responsabilidade, solidariedade, tolerancia e igualdade. Con estes valores como obxectivo ano tras ano preséntanse unha serie de programas que pretenden ser unha liña de colaboración entre os centros educativos, as familias e o concello, onde o beneficio real vai para a mocidade. 

E no 2020 apostouse por ampliar o servizo do CIX reabrindo, tras a súa reforma, dúas Casas da Mocidade como espazos para dinamizar á mozos e mozas, realizar actividades xuveniles, favorecer a súa participación e que poidan contar cun espazo no que desenvolver as súas iniciativas. 

Ambos espazos contan tamén con Puntos de Información Xuvenil, onde á xuventude pode achegar todas as súas dúbidas e inquedanzas e recibir información, orientación e asesoramento do mesmo xeito que dende o Centro de Información Xuvenil. 

Se queres seguir as novidades de todo o relacionado coa xuventude oleirense podes facelo nas seguintes ligazóns:

Web: Centros Mocidade Oleiros

Facebook: Casas da Mocidade Oleiros 

Instagram: @centrosmocidadeoleiros

Tamén podes subscribirte ás novidades premendo aquí

NOVAS

Atrás Programa NoctambOleiros do mes de AGOSTO 2021

 O programa de actividades organizadas polas Casas da Mocidade. Para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, preferentemente empadroados/as en Oleiros.

 
Preme no nome da actividade para máis información e inscricións.
 
Mércores 18- Saída a Abadín
Venres 20- Concerto de Kent
Mércores 25- Mociradio
 
ACTIVIDADES FORMATIVAS:
2, 3, 4 e 5 Curso DJ      
6, 13,20 e 27 Curso de Parkour
 
 
Para máis información podes pasar ou contactar coas das Casas da Mocidade:
Portaberta- 981 61 40 83  pix.portaberta@gmail.com 
Pedras- 981 977 944  pix.aspedras@gmail.com

Destacados

Imaxe A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba"

A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba"

O Club de Leóns de Oleiros patrocina, coa colaboración do Concello de Oleiros, a obra teatral "La casa de Bernarda Alba" de Federico García Lorca.

    Imaxe Actividades de Verán 2016 Actividades de Verán 2016

    Actividades de Verán 2016

    Información das actividades de verán 2016 do Concello de Oleiros

      Imaxe Actividades de Verán 2020 Actividades de Verán 2020

      Actividades de Verán 2020

      Páxina coa información das actividades de verán 2020 do Concello de Oleiros.

        Imaxe Actividades Verán 2017 Actividades Verán 2017

        Actividades Verán 2017

        Folleto coa información das actividades de verán 2017 do Concello de Oleiros.