OLEIROS EN FORMA é un progama que pretende axudar a todos aqueles veciños e veciñas de Oleiros maiores de 18 anos, que teñan interese en realizar actividade física como medio para mellorar a súa saúde
Dirixido especialmente á xente que padece dores de costas ou lumbares, enfermidades reumáticas, dores cervicais, que ten exceso de peso, algunha lesión deportiva ou simplemente que é sedentaria e quere comenzar a realizar exercicio físico
Subdividimos o noso programa en cinco opcións en función das túas necesidades: posta en marcha, maiores de 65 anos, dor de costas, prevención de riscos cardiovasculares (hipertensión, sobrepeso e obesidade) e deportivo-recreativo.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e listas de agarda 2026-2027
Xa está dispoñible a relación definitiva de persoas admitidas e, se é o caso, as listas de agarda da actividade. A documentación pode consultarse na seguinte ligazón:
- Descargar relación de persoas admitidas e listas de agarda
A folla de inscrición definitiva será remitida persoalmente ás persoas admitidas a través do correo electrónico facilitado na solicitude. Unha vez recibida, deberá presentarse no prazo de 10 días hábiles.