NOVAS

Atrás Volve o Premio Literario Descubrindo Oleiros

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca a novena edición do Premio Literario Descubrindo Oleiros, un concurso que procura a promoción da lingua e dar a coñecer espazos do noso municipio.

Poderán concorrer a este premio todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO, mozas e mozos de 16 e 17 anos e persoas maiores de 18 anos empadroados/as ou escolarizados/as en Oleiros e sempre que os relatos presentados se axusten ao especificado nas bases.

Os relatos estarán ambientados necesariamente en Oleiros e escritos en lingua galega. Deben ser inéditos e que non fosen premiados en ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros premios. Presentaranse co título orixinal e un pseudónimo, sen ningún dato que revele a identidade do autor ou autora.

O prazo de presentación será ata o 23 de xaneiro, no caso do alumnado a través dos centros de ensino ou no rexistro da Fábrica, e no caso das persoas adultas, só a través do Rexistro indicado.

As persoas interesadas poderán consultar as bases e o formulario de participación a través do seguinte enlace:

Bases do IX Premio Literario Descubrindo Oleiros

Formulario