Novas

Asset Publisher

Back Parabéns a Galeguiza-T polo II Premio Mil Primaveras

 

Desde o SNL do Concello de Oleiros queremos felicitar á plataforma Galeguiza-T por ser premiado no II Premio Mil Primaveras, como mellor proxecto novo. Este premio organizado pola Coordinadora de Traballadores en Lingua Galega, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como finalidade valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que contribúen á normalización da lingua, que teñen como obxectivo principal a posta en valor e o fomento do galego, así como o incremento do seu uso e prestixio. 
O xurado valorou o gran traballo realizado desde este colectivo de estudantes do IES Neira Vilas e do seu profesor Alberto Pombo. O xurado apreciou que fose unha iniciativa creada desde e para a mocidade e tamén que buscase a implicación doutras mozas e mozos doutros centros, así como a modernidade do proxecto, a metodoloxía de traballo e a calidade do aspecto comunicativo. 

Parabéns a todas e todos os que formades parte de Galeguiza-T!