Onte repartíronse os premios do VIII Premio Literario Descubrindo Oleiros.
Na primeira categoría, para nenos e nenas de 3º e 4º de primaria, resultou gañador Joaquín de Santa Pau García, de 3º de primaria do Colexio Hijas de Cristo Rey, polo relato A luz vermella.
Na segunda categoría, presentaron os seus relatos 73 alumnos e alumnas, e debido á calidade dos textos decidiuse outorgar nesta categoría o premio a Ana Ramil Castro, de 6º de primaria do CEIP A Rabadeira, polo relato Se eu che contara... e concedemos un accésit a Ismael Souto Botana polo relato Aventuras nas Torres de Santa Cruz, tamén do CEIP A Rabadeira e outro a Jimena Toledo Piñeiro, de 6º de primaria do CEIP Luis Seoane, polo relato Maruxa por Oleiros.
Na terceira categoría, resultou gañador Pablo Rodríguez Gagino, de 2º de ESO do IES María Casares polo relato Quen son...?.
Na cuarta categoría, a pesar de quedar deserta, queremos mencionar a calidade do único texto presentado, A miña pantasma, non foi gañador porque non se especificaba claramente que os lugares descritos fosen en Oleiros, mais o xurado consideraba que o texto estaba moi ben escrito.
A quinta categoría, para rapaces e rapazas de 16 e 17 anos quedou deserta por non presentarse ningún relato.
E na 6ª categoría, para persoas adultas, gañou Mª Mónica Rey Santiago polo relato O camiño da verdade e outorgáronse dous accésits a Orixes, de Pedro Santiago López Caamaño e ao conto A illa da esperanza, de Antía Barreiro García.