O Concello de Oleiros, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, programa un obradoiro de percusión para bebés. Percubebé é á vez un espectáculo musical e un obradoiro de percusión para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Nesta proposta interveñen Marcelo Dobode e Bea Martínez, dous artistas moi familiarizados
coa formación musical na primeira infancia. Durante o obradoiro as familias aprenden,
participan e adquiren ferramentas para a execución musical, á vez que descobren e interpretan coa axuda de Marcelo e Bea, pequenas cantigas infantís. As familias ou bebés participantes teñen ao seu dispor numerosos instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, maracas…
Poderán asistir as persoas que se inscribisen previamente no Servizo de Normalización Lingüística do Concello.