Novas

Asset Publisher

Back O SNL organiza o I Premio TikTok do Concello de Oleiros

 

O Servizo de Normalización Lingüística convoca o I Premio TikTok do Concello de Oleiros, dirixido ao alumnado de ESO e bacharelato. Este concurso ten como obxectivos  promover o uso da lingua entre a mocidade, fomentar a creatividade da xente nova  e contribuír á creación dunha comunidade galega en TikTok.
As videocreacións serán en galego, terán unha duración máxima de 1 minuto, a temática versará sobre a literatura galega e valorarase a orixinalidade. Non se admitirán vídeos que promovan unha mensaxe violenta, ofensiva ou discriminatoria, ou que non se axusten ás bases.
Para inscribirse no certame deberase enviar ao correo lingua@oleiros.org a ficha de participación e o vídeo, entre o 26 de marzo e o 26 de abril. Todas as pezas admitidas publicaranse na conta de Instagram das Casas da xuventude do Concello de Oleiros @xuvelecer co cancelo #tiktokoleiros.
As persoas interesadas en participar poden consultar as bases e a folla de inscrición a través do seguinte enlace: Convocatoria e Bases do I Premio Tik Tok.