O vindeiro domingo, 24 de febreiro, Día de Rosalía, o Teatro As Torres de Santa Cruz acollerá un acto de homenaxe á poeta, no que ademais as persoas gañadoras do Premio Literario Descubrindo Oleiros recibirán o premio.
O acto terá lugar ás 12.00 horas. Farase unha homenaxe a Rosalía coa actuación de Ramiro Neira e coa participación de alumnos e alumnas do obradoiro Cóntame un Conto realizarase unha interpretación dalgúns dos contos gañadores noutras edicións.
O Premio Literario Descubrindo Oleiros, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística, leva desenvolvéndose desde 2014, nel participan en distintas categorías rapaces e rapazas de 3º de primaria a 4º de ESO. E debido a gran calidade e á alta participación este ano haberá varios accésits.