Novas

NOVAS

Atrás O alumnado participa nos obradoiros de Martín Códax

Oleiros, 31 de marzo de 2023-. O SNL programou a actividade Música e Arte con Martín Códax, para dar a coñecer ao alumnado de 6º de infantil e 1º e 2º de primaria a persoa homenaxeada este ano polo Día das Artes Galegas, que se celebra o 1 de abril. 

Esta semana o obradoiro organizouse no CEIP Juana de Vega e no CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal e  despois de Semana Santa terá lugar no CEIP Luis Seoane e no CEIP A Rabadeira.

A través desta actividade o alumnado recibiu unha sinxela introdución á lírica galego-portuguesa medieval, con especial atención á Cantiga de Amigo de Martín Códax e as súas versións amplamente musicadas para comprender eses tesouros en verso e decatarse de que a lingua que serviu para compor os primeiros cantos de amor humano na civilización occidental segue viva. Ademais o alumnado ilustra o seu propio Pergamiño Vindel, modernizándoo coa técnica de estampaxe con selos.

back link