Novas

NOVAS

Atrás Este venres proxéctase O cárcere da alma na Fábrica

Este venres, 11 de marzo proxéctase na Fábrica a curtametraxe O cárcere da alma realizado polo Colectivo Galeguíza-T. O acto comezará  ás 19.00 horas coa distribución e agasallos das persoas mecenas que colaboraron para que a realización da curtametraxe, ás 19.30 h farase un vídeo especial e ás 19.40 h proxectarase a curta. O acto finalizará cun pequeno coloquio co director e o equipo da curtametraxe.

O SNL do Concello colaborou co Colectivo Galeguíza-T prestando material para a execución do filme. Este colectivo naceu no IES Neira Vilas e continúa traballando a día de hoxe en prol da lingua.