Novas

Asset Publisher

Back A partir de mañá poderá visitarse na Fábrica a exposición Querido Balbino

Oleiros, 24 de outubro de 2012.-  Desde mañá 25 de outubro ata o vindeiro 9 de novembro poderase visitar na Fábrica a exposición Querido Balbino,1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego, unha exposición sobre a obra de Xosé Neira Vilas.
Esta exposición da Secretaría Xeral de Política Lingüística ofreceuse ao Concello de Oleiros a través da súa Concellería de Cultura e Normalización Lingüística. Esta exposición consta dun túnel de vitrinas que inclúe a traxectoria vital do escritor a partir de fotografías, documentos e correspondencia que serven para marcar diferentes momentos relevantes da súa biografía e conta cunha parte audiovisual na que se proxecta un documental sobre Neira Vilas. Ademais consta de 15 cadros onde de autores como Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Siro López, Damian Paio, Esperanza Lema, Antón Pulido, Xoán Domato, Xaquín Marín ou Sabela Arias entre outros retratan a Xosé Neira Vilas. A visita inclúe un catálogo explicativo ilustrado por comentarios aparecidos ao longo destes 50 anos de vida da obra e exhibe un documento único: a Carta a Balbino que Xosé Neira Vilas lle dedicou ao seu “fillo” literario.