Novas

NOVAS

Atrás A Fábrica acolle o domingo 18 de abril o espectáculo Gatuxo

O vindeiro domingo 18 de abril ás 12.00 horas na Fábrica hai unha nova cita do Apego, o espectáculo Gatuxo. Este concerto é para nenos e nenas de 0 a 5 anos. A entrada é gratuíta con inscrición previa a través do seguinte formulario: https://forms.gle/8cGhQiw65hicmw1F8. O prazo de inscrición abre o luns 12 de abril ás 10.00 horas. Durante os tres primeiros días de inscrición terán preferencia as familias inscritas en Apego de Oleiros e o primeiro día aquelas que sendo do Apego de Oleiros non asistisen ao último espectáculo.

Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas e a manipulación de obxectos, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces. Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: O Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.