Asset Publisher

Back Só para ti: guía de lectura para o verán 2015

/documents/39407/55553/DLFE-21794.pdf/c98f1dc2-fe52-0d6e-764d-8dafb7434c06

Presentamosche a guía de lectura titulada  "Só para ti", formada por 125 recomendacións de libros, dvd e cd.
 
Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes idades, distintos gustos,  intereses e preferencias.  Os libros que se recomendan para nenos/as e adolescentes figuran clasificados por idades, para as que se consideran máis axeitados.
 
Nesta época en que hai máis tempo libre, na que nos deleitamos co sol e o mar, desexamos compartir libros, discos e películas que nos agradaron. Boas historias e bos libros para divertir e emocionar, reflexionar e aprender, mirar e observar, ver e escoitar.
 
Son 125 libros, DVD e CD que hai nas bibliotecas municipais e que se poden levar en préstamo para as casas. Uns divirten, outros emocionan, fan pensar, provocan a reflexión ou aportan novos coñecementos.
 
Feliz verán e un cordial saúdo desde as bibliotecas municipais de Oleiros.