Novas

Noticias

Atrás Recomendacións en Radioleiros: 30 xuño 2017

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1238676&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20laila%20and%20au%2Cwrdl%3A%20laila- Infantil (a partir de 12 anos): 
"Laila" de Laila Karrouch, editado por Oxford.
Laila trasládase a España coa súa familia, cando xa seu pai levaba uns anos traballando aquí nunha fábrica. Con ela e súa nai chegan tamén catro irmáns máis. En Nador, unha pequena aldea de Marrocos, deixa atrás un montón de tíos, tías, primos e primas, avós… en definitiva o seu fogar e todo aquilo co que se sinte cómoda e protexida. Opera prima da súa autora, a súa propia experiencia sérvelle para falar de desarraigamento, de perda e dor e ao mesmo tempo de acollemento, de adaptación e de enriquecemento persoal no país de acollida. 

 
 
- Mozas/os e adultas/os:
"A ira dos mansos" de Manuel Esteban, en Xerais.
Unha frase emblemática de José Saramago, sublime premio Nobel, que di “deféndenos señor da ira dos mansos”, é a orixe do título desta obra, que narra a investigación, asignada ao inspector Carlos Manso, do asasinato de Violeta, unha rapaza con síndrome de downhttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1213758
, que o leva a poñerse en contacto con Lorena Sella a directora da asociación Alza Down de Vigo, onde descubrirá persoas que son capaces de transmitir máis sentimentos e emocións que moitas outras persoas que consideramos “normais”. Trama de novela negra que sirve de escusa ao autor para tratar temas de inclusión, dignidade e respecto. 
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.