Novas

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 27 de maio

radioleirosTítulos recomendados o venres 27 de maio:

  • - Infantil (nenos/as menores de 6 anos):

    "¿E ti que farías por min?" de Fina Casalderrey, ilustracións de Manolo Uhía en Xerais.Ver E ti que farías por min na Rede de Bibliotecas de Galicia

    Marqués e Malta son dous cans que viven na rúa e teñen moita fame. Precisan buscar comida. Mentres Malta revolve no vertedoiro buscando algo de alimento, Marqués dille o que faría por ela se fose bolboreta, xílgaro ou lúa. Malta sorrí e segue a buscar comida, por fin atopa un zanco de polo. Que fará Malta co zanco de polo? Simpática obra, cunhas fermosas e coloridas ilustracións.

  • - Mozos/as e adultos/as:

    "Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri, editado por Salamandra

    Ver Tierra desacostumbrada na Rede de Bibliotecas de GaliciaEsta obra foi escollida por The New York Times como o mellor libro do ano 2008.

    É unha colección de relatos de familias de orixe bengalí que viven na Costa Este dos Estados Unidos. Fálannos do proceso de transformación que se produce entre a cultura da India e a occidental e a fraxilidade das relacións humanas. Retratan fielmente as vivencias e emocións destas persoas. Son historias sobre diferentes homes e mulleres que teñen que tomar decisións entre a tradición familiar e do seu país e a súa emancipación persoal, ou en función da súa propia forma de ser, pero todas tratadas con moita delicadeza. Moitos dos relatos van emocionarnos e falarnos de amor e desamor, de ilusións e desilusións.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.