Novas

Noticias

Atrás OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES nas Bibliotecas de Mera e Montrove

11/02/10

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES

Nas Bibliotecas "Mª José Trincado" de Mera e "Federico García Lorca" de Montrove, celebramos o venres 12 de febreiro ás 18:30 obradoiros de máscaras e antefaces a través do que coñeceremos os diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc.) . Divertirémonos ao tempo que saberemos máis da nosa cultura e etnografía.

  • Para nenas e nenos a partir de 7 anos.
  • Número máximo de participantes en cada obradoiro: 20
  • Imprescindible inscrición na biblioteca na que desexes participar!!!

Contacta nos teléfonos:

  • Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: 981 628 507
  • Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: 981 639 515