Novas

Asset Publisher

Back Horarios das Bibliotecas de Oleiros durante xullo, agosto e setembro

Horarios das Bibliotecas de Oleiros durante o verán 2011

Informámosvos dos horarios das Bibliotecas para este verán, (clica na imaxe e accede aos horarios de todas as bibliotecas durante os meses de xullo, agosto e setembro).

Aproveitamos para recordarvos que na Biblioteca Central Rialeda poderedes renovar os libros daquelas outras bibliotecas que estean pechadas. Lembra que deberás facer a devolución dos libros ou o material que teñas en préstamo na biblioteca onde o retiraches. Se a biblioteca correspondente está pechada, espera a que abra para facer a devolución.

Como sempre, podedes contactar connosco ou consultar calquera dúbida sobre o horario chamándonos á Biblioteca Central Rialeda, (teléfono 981 639 511) ou enviándonos un correo electrónico a: biblioteca.rialeda@oleiros.org

Queremos desexar un feliz verán a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog e da web do Concello de Oleiros, e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as.