"Onde nacen as apertas?" de BeiÑa. "Barcelona: alma negra" con guión de Denis Lapière e Gani Jakupi; ilustracións de Rubén Pellejero, Eduard Torrents e Martín Pardo.
- Infantil (a partir de 6 anos):
Onde nacen as apertas?, de BeiÑa.
Babidi-bú.
Da man desta escritora e ilustradora coruñesa, entramos no terreo dos afectos e as emocións para os máis novos. Unha aportación interesante tanto no contido como na estética.
- Mocidade e persoas adultas:
Barcelona: alma negra, guión de Denis Lapière e Gani Jakupi; ilustracións de Rubén Pellejero, Eduard Torrents e Martín Pardo.
Norma.
O periplo de Carlos desde a postguerra até a morte de Franco nunha Barcelona que muda desde o estraperlo a reivindicación política. Unha historia social da man de varios ilustradores e guionistas en banda deseñada.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.