Destacados

Destacados

Atrás Club de lectura e Tertulias literarias na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

A quen vai dirixido?

Mocidade e persoas adultas.

Data do evento

De outubro 2024 a xuño 2025.

Horario

Mensualmente, os xoves, de 11:00 a 12:30 h.

Lugar de Celebración

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros

Inscricións

O prazo de inscrición ábrese o luns 7 de outubro ás 16:15 h.

Medios de contacto

Inscrición en liña, personalmente na biblioteca ou no teléfono 981 610700.

Outra información de interese

15 prazas. Terán prioridade as persoas empadronadas no Concello de Oleiros.

Inscripción