BPM Manuel María

Biblioteca Pública Municipal Manuel María

Atrás 49 sesións de setembro a novembro de 2025!!! Ler conta moito, Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros

49 sesións de setembro a novembro de 2025!!! Ler conta moito, Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros

Comeza setembro e as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a crianzas de 2 a 4 anos e a partir de 5 anos. As sesións de contacontos e os obradoiros terán lugar ás 17:30 h e as actividades infantís ás 18:30 h. Serán contacontos para crianzas de 2 a 4 anos, actividades infantís para nenas e nenos a partir de 5 anos (maxia, narración de contos, etc.) e obradoiros (ciencia, malabares, etc.) para a cativada a partir de 6 anos.

Xa que o aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Podes facelo desde dez días antes da celebración da actividade, achegándote persoalmente, por teléfono ou internet en www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete

A Hora do conto e Ler conta moito nas Bibliotecas Municipais de Oleiros (setembro - novembro 2025)Contaremos con Compañías como Trémola TeatroA Xanela do MaxínTarabelos TeatroEduvía e Un Mar de Cores. Contadoras-es como Raquel de AnaCharo PitaRamiro NeiraMarta OrtizRaquel CrespoCatuxa CelaAriadna Santana e Raquel Queizás. Artistas como Pablo Díaz e Pakolas. Divulgadoras da ciencia como Leader DreamsCiencia KidsCuarto de Inverno. Maxia e historias fabulosas con 2 Minds CombinedPedras de papelMago RafaMago Pedro BugarínDani BlancoFraga dos mourosMagia en la mangaDonde viven los cuentos

Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros. Súmase á programación das Bibliotecas Municipais de Oleiros para completar a oferta de actividades de setembro a final de ano. Fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, divertirse escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidar este hábito e espertar a sensibilidade e o pracer que proporciona a lectura son algúns dos nosos obxectivos. A información está dispoñible en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.