Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  

 

Tempadas de tertulias

Atrás Tertulia literaria en Rialeda: programación xaneiro-marzo 2011 (Grupo A)

- El quinto en discordia, de Robertson Davies Gañador do prestixioso Premio Llibreter no ano 2006 e primeira parte da “Trilogía de Deptford que inclúe “Mantícora” e “El mundo de los prodigios”. Unha saga ao estilo clásico, chea de ramificacións na que existen segredos familiares, confesións que non acaban de dicirse, dúbidas paterno-filiais e antigos amores que reaparecen ao cabo dos anos.

- León el Africano, de Amin Maalouf As novelas de Maalouf sempre xiran en torno á xeografía, a historia e os conflitos relixiosos no Mediterráneo. A figura de León O Africano, como a de tantos árabes andaluces, trázase no seu exilio en Fez ; coñecerá a misteriosa cidade de Tombuctú e os quince reinos que separan o Níxer e o Nilo, O Cairo e Constantinopla, e, finalmente, a fascinante Roma do Renacemento.

- Los girasoles ciegos, de Alberto Méndez  “Los girasoles ciegos” é un libro articulado ao longo de catro historias - catro derrotas, dí o autor- que transcorren entre o período quizáis máis duro da posguerra, que vai dende 1936 a 1942. Alberto Méndez tiña 63 años cuando veu publicada esta primeira obra e morreu sen chegar a saborear o seu éxito.

- Narcos, de Carlos González Reigosa Un barco cunha carga de droga vai cruzar o Atlántico para alixar nas costas galegas. Un xuiz tenaz está sobre aviso e se dispón a interceptalo para asestar un duro golpe ao narcotráfico. O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (xa familiares pola súa presenza noutras novelas de Reigosa: Crimen en Compostela e La guerra del tabaco) teñen un miradoiro privilexiado nese labirinto de lumes cruzados, onde alcanzan, coa sua investigación, un protagonismo decisivo.

- La reina sin espejo, de Lorenzo Silva Neus Barutell, unha coñecida presentadora de televisión aparece morta na súa discreta casa nas aforas de Zaragoza. A posterior investigación policial trasládase a Barcelona, lugar no que Neus desenvolvía a súa vida profesional. O ambiente político e policial da cidade condal será algo máis que o trasfondo para o transcurso da acción, na que se verán involucrados o garda civil Bevilacqua e a súa compañeira Chamorro.