Noticias

Atrás Curso en liña sobre a axenda 2030

O Fondo Galego abriu o prazo para inscribirse na terceira edición do curso online 'Localizando a Axenda 2030: O papel clave dos municipios na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible', que se desenvolverá do 1 de marzo ao 24 de abril a través da plataforma de teleformación. Esta acción formativa, con matrícula de balde, está especialmente pensada para o persoal político e técnico das deputacións e concellos socios.

 
O curso estrutúrase en catro módulos de dúas semanas cada un titorizados por persoas expertas na materia, que abordarán a orixe e contidos da Axenda 2030, a implementación dos ODS no eido local, a cooperación descentralizada ou as estratexias de comunicación e casos prácticos. Cada tema contará cun documento explicativo e cunha sesión de videoconferencia. A inscrición permanecerá aberta ata o 21 de febreiro.