Actividades sociais

Atrás Móvete+ Obradoiro de actividade física dirixido a mulleres con enfermidade oncolóxica

Móvete+ é una actividade física que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron, dirixida a reducir os efectos secundarios dos tratamentos recibidos e que poderían cronificarse: fatiga, sufocos, trastornos do sono, alteracións na concentración e a memoria etc. Ao tempo, tamén busca incrementar e mellorar a autoestima das participantes, o seu benestar emocional, a súa sexualidade e as súas relacións sociais, así como tecer unha rede de coidados sobre a que apoiarse e afrontar as dificultades do día a día.

A quen vai dirixido?

A mulleres empadroadas no Concello de Oleiros que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron. Solicitarase o informe médico, o cal entregarase o día de inicio na actividade á persoa dinamizadora responsable do seu desenvolvemento.

Data do evento

Todos os venres desde o 15 de setembro ata o 15 de decembro

Horario

Grupo 1: 10:30 a 12:00h

Grupo 2:  12:00 a 13:30h

Lugar de Celebración

Pista Polideportiva Meixonfrío, (Rúa Manuel Gutiérrez Mellado, 5, Santa Cruz)

Inscricións

Aberto todo o ano

Prezo

De balde

Medios de contacto

Para máis información, contacta con nós no 981 610 000 – Ext. 3503 | 3120 e no correo igualdade@oleiros.org ou igualdadeoleiros@gmail.com

Outra información de interese

Preme no seguinte enlace! Atoparás un vídeo informativo realizado sobre Móvete+: https://photos.app.goo.gl/1ufG4gBfjsAXgYTA7

Formulario de inscrición