Actividades sociais

Atrás ABRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS GRUPOS DE APOIO A FAMILIAS CUN DIAGNÓSTICO TEA

O Concello de Oleiros, desde o Programa de Familias Inquedas da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, abre o prazo para un novo grupo de apoio a familias nas que existen menores de idade cun diagnóstico TEA.

Dende fai pouco mais dun ano xa está en marcha un grupo de apoio que mensualmente asiste a sesións dirixidas por unha psicóloga e nas que comparten experiencias, aprendizaxes, ferramentas, emocións e recursos, á vez que se realiza un acompañamento emocional ás dificultades que todas estas familias atopan no día a día.

A quen vai dirixido?

A actividade está dirixida a pais e nais veciñas de Oleiros con fillos ou fillas menores de idade cun diagnóstico TEA. No caso de quedar algunha vacante poderíase valorar a asistencia con persoas doutras localidades co fin de completar as 15 prazas ofertadas.

O obxectivo é apoiar e acompañar ás familias con fillas ou fillos menores de idade cun diagnóstico dentro do espectro autista na súa crianza, contribuíndo a establecer pautas co obxectivo de acadar o maior grado de inclusión social posible e de desenvolvemento e autonomía persoal, así como, de forma paralela, establecer as bases dun grupo de apoio mutuo

As sesións estarán dirixidas por Rocío Salgado. Psicóloga, psicoterapeuta familiar sistémica. Especialista en acompañamento a familias dentro do espectro autista e con ampla experiencia en titorías e aseoramento personalizado a familias.

Data do evento

Os dias 02 e 30 de marzo, 20 de abril, 25 de maio e 22 de xuño.

 

Horario

De 18.00 a 20:00 h.

Lugar de Celebración

Villa Echeverry

Avda. Che Guevara 45 (Perillo)

Inscricións

O prazo de inscricións, que será a través da web municipal, no apartado PARTICIPA, estará aberto dende o luns 16 ás 10:00 h e remata o luns 23 ás 23:00 h.

O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL NAS FAMILIAS CUN DIAGNÓSTICO TEA