Bosque é un espectáculo musical no que a natureza ofrece un concerto, unha fábula na que os animais e as plantas dun recuncho da terra expresan a sabedoría ancestral a través do seu día a día. Música e teatro para reivindicar a necesidade de coidar os pequenos lugares naturais que cada quen ten ao seu carón. Un espectáculo de Mamá Cabra e Aurora Artes Escénicas.
Duración: 50 minutos
Familias con crianzas maiores de 3 anos
28 de febreiro de 2026
18.00 h
Auditorio Gabriel García Márquez
Desde o 23 de febreiro de 2026, ás 10.00 horas