Actividades infantís

Back Ecoralia canta conta e debuxa, con Pakolas e Laura Romero

Ecoralia canta, conta e debuxa chega da man de Pakolas como un espectáculo onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non só se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

Duración: 45 minutos

Público infantil e familiar

4 de outubro de 2025

Horario

18.30 h

Lugar de Celebración

Auditorio Gabriel García Márquez

O prazo de inscrición abre o luns 29 de setembro ás 10.00 h.

Terán preferencia as familias inscritas en Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.

Formulario de inscrición