Atrás ANDARES POR GALICIA. A CULTURA DA NATUREZA

RUTA POLAS PENAS DE RODAS E MIRADOIRO DA TERRA CHA

Punto inicio: A Feira (Outeiro de Rei)

Punto fin: Penas de Rodas (Outeiro de Rei)

Lonxitude: 11 km

Dificultade: media-baixa

Ruta que transcorre por camiños amplos e transitables en bicicleta, pasa por diferentes zonas con pastos, algunha pequena aldea con construcións tradicionais de pedra, a área recreativa de Penas de Rodas cunhas formidables formacións xeolóxicas que lle dan nome e o miradoiro de Paraños con impresionantes vistas panorámicas sobre a contorna e que actualmente ademais se utiliza como miradoiro astronómico.

PUNTOS DE INTERESE

    • Penas de Rodas
    • Miradoiro dos Paraños
    • Carballeira da Feira
    • A Feira: arquitectura tradicional
    • Igrexa de Santiago de Francos
    • Reserva da Biosfera Terras do Miño
    • XXV aniversario da Declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

VISITA CULTURAL:

Museo Provincial de Lugo, Muralla de Lugo e paseo polo adarve

 

A quen vai dirixido?

Maiores de idade, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Data do evento

28 de febreiro de 2026

Inscricións
  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 16 de febreiro ás 10.00 horas.
  •  No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 16 de febreiro ás 10.00 horas e o mércores 18 ás 14.00 horas.
Prezo

23 euros

INSCRICIÓN