Atrás Ven crear a túa cunca de ramen!

ramen é un prato de orixe chino que chegou a Xapón a finais do século XIX coa migración china, adaptándose co tempo, especialmente despois de la Segunda Guerra Mundial, cando a escaseza de arroz popularizou os fideos de trigo. A invención no ano 1958 do ramen “instantáneo” popularizou este prato, que hoxe en día chegou a todos os recunchos do planeta.

A forma da cunca que ese emprega neste prato é lixeiramente diferente da que empregamos en Galicia para o caldo. Neste obradoiro confeccionaremos unha cunca para o ramen, traballando sobre a comparación das dúas pezas.

A actividade será dirixida polo ceramista Nano Unzueta.

A quen vai dirixido?

Maiores de 14 anos (terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros e que non teñan participado nas dúas últimas actividades do museo).

Data do evento

7, 14 e 21 de marzo 

Horario

1ª quenda: de 16.00 a 17.30 h

2ª quenda: de 17.30 a 19.00 h

Lugar de Celebración

Escola Municipal de Olería (centro cultural As Torres de Santa Cruz).

Inscricións

Do 9 ao 26 de febreiro, (o sorteo de prazas terá lugar o día 27 de febreiro ás 10.00 h).

Prezo

4 €

Medios de contacto

Teléfono: 981 62 66 92 ou 981 61 00 00 ext.: 4211

Correo electrónico: museos@oleiros.org