Atrás Obradoiro da Candeloria

O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, ou o Nadal, acabou por ser cristianizado. Neste caso tratábase do ritual do lume, coas súas virtudes de protección.

Na antiga Roma celebrábase as Lupercales, a festa do lume e en honra da fertilidade. Nesta festa, realizábase unha procesión con candeas acesas de noite. O Papa Xelasio, no ano 492, crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro. O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas, festa que substitúe á romana e que posiblemente sexa orixe do actual Día da Candeloria.

Neste obradoiro cada participante vai confeccionar dúas pezas de barro coas que confeccionaremos dúas candeas.

A quen vai dirixido?

Maiores de 12 anos (terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros).

Data do evento

7, 21 e 28 de febreiro 

Horario

1ª quenda: de 16.00 a 17.30 h

2ª quenda: de 17.30 a 19.00 h

Lugar de Celebración

Escola Municipal de Olería (centro cultural As Torres de Santa Cruz).

Inscricións

A partir do 22 de xaneiro

Prezo

4 €

Medios de contacto

Teléfono: 981 62 66 92

Correo electrónico: museos@oleiros.org