Actividades culturais

Atrás RUTA FAMILIAR SAN PAIO DE NARLA

O vindeiro domingo18 de outubro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, tratándose nesta ocasión dunha ruta familiar.

  • As rutas familiares están dirixidas a familias, nas que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, e o pai e a nai ou titor/a legal.
  • Nas rutas familiares deberán inscribirse, como mínimo, un/unha menor máis un/unha proxenitor/a ou titor/a. Poderán participar fillos/as maiores de idade.
  • No caso de que só participe un dos proxenitores permítese a inscrición dun máximo dunha persoa adulta acompañando a familia.
  • No caso de quedar prazas vacantes o Concello resérvase o dereito de valorar a participación doutras persoas vinculadas á familia participante.
  • Ofértanse 40 prazas para cada unha das saídas cun prezo público de 12 euros para persoas adultas e 6 euros para menores de idade.
  • Recoméndase roupa axeitada e cómoda e calzado específico para a actividade de sendeirismo, auga, gorro ou gorra, crema solar, bastón/s (opcional) e froita ou froitos secos para levar na mochila durante a ruta.
  • O xantar e as bebidas das persoas participantes correrán pola conta de cada quen.

As preinscricións realizaranse preferentemente a través da web municipal (Formulario en Participa actividades culturais) a partir do luns 5 de outubro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

RUTA FAMILIAR

POLAS TERRAS DO CASTELO-FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA

Distancia ao punto de inicio desde Oleiros: 85 km

Punto inicio: San Xiao (Friol)

Punto final: Área recreativa do río Narla (Friol)

Lonxitude: 5,8 km

Dificultade: baixa

Data: 17 de outubro de 2026

IDEA DA RUTA: Ruta que comeza preto de Friol, para achegarnos ata o río Narla e o seu paseo fluvial que remata no Castro Friulio, unha recreación dun asentamento dun poboado castrexo. Continua a ruta entre árbores autóctonas pasando en varias ocasións a carón do río.

A ruta segue por pistas e camiños, pasando por varias aldeas e a igrexa de S. Xiao ao pé da que hai un lavadoiro e unha fonte restaurados.

Remataremos na fortaleza de San Paio de Narla, tamén coñecida como a torre de Xiá ou Torre de Friol, unha fortificación medieval que se alza sobre un antigo castro. Trátase dun dos castelos mellor conservados e máis antigos da provincia de Lugo que hoxe acolle o museo etnográfico de San Paio de Narla.

PUNTOS DE INTERESE

  • Castelo-Fortaleza de San Paio de Narla
  • Área recreativa do río Narla
  • Río Narla
  • Castro Friulio
  • Igrexa de San Xiao
  • Paisaxe agrícola
  • Arquitectura tradicional: muíños, fontes e lavadoiros

VISITA CULTURAL:

Museo do Castelo – Fortaleza de San Paio de Narla (Friol)

Familiar_San_Paio_de_Narla_en_Friol_(Provincia_de_Lugo)(1)

Data do evento

Domingo 18 de outubro

Inscricións

a partir do luns 5 de outubro ás 10.00 horas.

FORMULARIO