Comentario de obras de distintos xéneros literarios coa moderación da escritora e xornalista Silvia Salgado.
2 grupos de 15 participantes cada un. Periodicidade mensual.
Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros a celebrar o mércores 30 de setembro ás 13 h. na Biblioteca Central Rialeda.
As solicitantes inicialmente sen praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, para o caso de renuncias ou vacantes posteriores.
Actividade dirixida a persoas maiores de 18 anos.
Período: Outubro 2026 a Xuño 2027.
Os luns de 18 a 19:30 h.
Biblioteca Municipal "Mª José Trincado". Mera.
Do luns 21 ao venres 25 de setembro de 2026.
Teléfono: 981628507.